Mario Regueira

Mario Regueira (Ferrol, 1979) é doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, tras cursar estudos de Filoloxía Galega e Dereito. No campo dos estudos literarios ten publicado o ensaio heterodoxo Lois Pereiro, unha persecución (2011). Colabora como crítico literario en distintos medios e preside, desde 2016, a Asociación Galega da Crítica. Comezou a súa carreira co libro de relatos Rebelión no inverno (Xerais, 2004) ao que seguen as novelas L’affiche rouge (Xerais, 2007) e Outono aquí (2012), esta última premio Lueiro Rey de novela curta, Tanxerina (Premio Xosemaría Pérez Parallé no 2006), Blues da Crecente (Premio Xohán Carballeira no 2009), O silencio (Xerais, 2012) e Marco Livorno.