1. INFORMACIÓN XERAL.

O sitio web opapagaio.gal é responsabilidade de Abraham Carreiro Fernández, en adiante o SITIO WEB, con NIF: 53181515H, e domicilio fiscal na rúa Policarpo Sanz 17 – 3ºA 362020 Vigo.

Datos de contacto:

O Papagaio. O xornal da xente miúda.

Abraham Carreiro Fernández – NIF: 53181515H

R/ Policarpo Sanz 17 – 3ºA. 36202 Vigo

Teléfono: 986 22 58 99

E-mail: xornalopapagaio@gmail.com

2. DATOS DE INSCRICIÓN.

O Papagaio, o xornal da xente miúda e Abraham Carreiro Fernández, están inscritos no Rexistro Mercantil de Pontevedra,

T 3409, L 11, F 55, S 9, H 545, I/A 1 (29.12.20).

3. USUARIOS/AS.

O acceso ao sitio web opapagaio.gal atribúe a condición de USUARIO/A e implica a aceptación de todas as condicións expresadas no presente Aviso Legal.

4. DEREITO DE USO LIMITADO.

Mediante estas condicións legais non se cede ningún dereito de propiedade intelectual ou industrial sobre este SITIO WEB e os seus contidos (fotografías, vídeos, ilustracións, textos e demais creacións). Quedando expresamente prohibido ao USUARIO/A a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición, extración, reutilización, reenvío ou a utilización de calquera natureza, por calquera medio ou procedemento, de calquera deles, salvo en casos nos que estea legalmente permitido ou sexa autorizado polo titular dos correspondentes dereitos.

5. CONTIDOS.

O SITIO WEB poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do mesmo.

6. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE.

O SITIO WEB non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:

  • Falta de dispoñibilidade e efectivo funcionamento da web e/ou dos seus servizos ou contidos.
  • Existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • Recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos/as USUARIOS/AS dos contidos.
  • Uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condiciones Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do SITIO WEB, dos seus servizos ou contidos, por parte dos/as USUARIOS/AS.
  • Falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos á disposición dos/as USUARIOS/AS no SITIO WEB.
  • Incumprimento por parte de terceiros/as das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos USUARIOS/AS a través do sitio web.

7. COMUNICACIÓNS.

A máis dos datos persoais, protección que se regula nun apartado posterior, as comunicacións que estableza o USUARIO/A deste portal a través dos medios proporcionados para o efecto considéranse non confidenciais e non privadas. As informacións proporcionadas polo USUARIO/A poderán ser usadas para calquera fin que non contradiga a lei. Por outra banda, o USUARIO/A comprométese a non difundir a través deste portal ningunha información contraria á lei e á honestidade, particularmente información difamatoria, danosa, perigosa para os menores, obscena, falsa, enganosa ou que atente contra os dereitos de privacidade ou propiedade intelectual de terceiras partes. Se o fixese, o USUARIO/A será o único responsable e será perseguido pola lei. O SITIO WEB non poderá ser culpado, nin principal nin subsidiariamente, en relación con iso.

BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS

De conformidade coa Lei de Servizos da Sociedade da información 34/2002, garánteselle ao usuario/a a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo de 10 días dende que comunique a súa vontade mediante correo electrónico dirixido a xornalopapagaio@gmail.com.

8. LIGAZÓNS A OUTROS SITIOS WEB.

Esta páxina aporta ligazóns a outros sitios web que son propiedade de terceiras partes. O SITIO WEB non controla eses sitios e, polo tanto, non se fará responsable de ningún dano que poida sufrir o USUARIO/A como consecuencia de entrar nesas páxinas a través das ligazóns deste sitio web, incluídos os derivados a situacións ilegais, ilexítimas ou perseguibles que poidan existir nos mesmos.

9. MARCAS REXISTRADAS.

Aínda que non se especifique concretamente en cada caso, as marcas que aparecen nesta páxina, tanto as propias da empresa como as de terceiras partes, teñen carácter de protexidas. Polo tanto, o USUARIO/A non poderá facer uso de ningunha delas sen consentimento previo e escrito do seu propietario.

10. PROTECCIÓN DE DATOS.

A efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), O SITIO WEB informa o USUARIO/A da existencia dun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado por e para esta empresa e baixo a súa responsabilidade, no que se manterán mentres se consideren útiles para a exclusiva finalidade de xestionar os datos co fin proposto no sitio. O SITIO WEB tomará todas as medidas que estime oportunas para evitar que os datos persoais do USUARIO/A vaian parar a mans alleas á relación que se mantén entre ambos. A información persoal recollida ten como finalidade que o SITIO WEB ofreza aos seus USUARIOS/AS o mellor servizo posible, realizar os servizos contratados ou contactar co USUARIO/A para cuestións derivadas da propia relación que se estableza entre ambas partes. Por iso, a menos que se reciba notificación escrita en contra, por carta (dirixida ao enderezo: Abraham Carreiro Fernández., R( Policarpo Sanz 17, 3ºA CP:36202. Vigo ou por Email xornalopapagaio@gmail.com), cos seguintes datos e asinada: nome e apelidos do USUARIO/A, enderezo a efectos de notificación, fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte, e petición en que se concreta a solicitude (no caso de representación, deberá probarse a mesma mediante documento fidedigno): o USUARIO/A autoriza ao SITIO WEB a usar a súa información persoal para prestar os seus servizos, incluíndo o uso para envío de material informativo e o acceso aos datos imprescindibles dos usuarios a terceiras empresas contratadas para ofrecer algún servizo unido á actividade do centro como os de comedor, actividades extraescolares e semellantes. O SITIO WEB non venderá nin alugará esa información a terceiras partes. Desta maneira o SITIO WEB, informa o USUARIO/A sobre a posibilidade que lle asiste de exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición ou cancelación dos seus datos persoais.

11. POLÍTICA DE COOKIES 

O sitio web www.opapagaio.gal utiliza cookies cando un/unha USUARIO/A navega polos sitios e páxinas do SITIO WEB. As cookies utilizadas por este/a asócianse unicamente cun/cunha USUARIO/A anónimo/a e co seu ordenador, e non proporcionan por si o nome e apelidos do/a USUARIO/A. Grazas ás cookies resulta posible recoñecer os/as USUARIOS/AS rexistrados/as despois de que estes/as se rexistraran por primeira vez, sen que teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a eles/as. As cookies utilizadas non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados por outros proveedores. Os datos identificativos da persoa USUARIA son cifrados, para maior seguridade.

O/a USUARIO/A ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado/a en pantalla da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu disco duro. Por favor, consulte as instruccións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar o SITIO WEB, non resulta necesario que o/a USUARIO/A permita a instalación das cookies enviadas polo sitio web; porén, en tal caso, será necesario que o/a USUARIO/A se rexistre como tal en cada un dos servizos cuxa prestación requira o previo rexistro.

De igual maneira, os nosos servidores web detectan de forma automática a dirección IP e o nome de dominio utilizados polo/a USUARIO/A. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións estatísticas que nos permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos nosos servizos web, etc.

12. CONDICIÓNS DE VENDA

A subscrición:

A subscrición anual inclúe 10 números, que poderán visualizarse tanto na web como en papel, no caso de contratar a modalidade EN PAPEL. A subscrición farase efectiva ao mes seguinte de formalizar a alta como subscritor/ra no SITIO WEB.

Renovación:

A renovación da subscrición ao xornal O Papagaio é automática. No caso de non querer continuar con dita subscrición deberase comunicar mediante un correo electrónico a xornalopapagaio@gmail.com a solicitude de baixa, cun mínimo de 15 días antes da finalización da mesma.

Prazos de entrega:

O xornal O Papagaio en papel chegará ao enderezo indicado nos primeiros 15 días de cada mes. Excepto en xaneiro, que debido ás vacacións escolares de Nadal retrasamos a saída do número unha semana.

No caso de non recibir o exemplar ou exemplares contratados dO Papagaio neses primeiros 15 días do mes debes contactar co SITIO WEB a través do correo electrónico xornalopapagaio@gmail.com indicando a incidencia.

Periodicidade:

O Papagaio ten periodicidade mensual. 

Seguemento do pedido:

Para calquera consulta sobre pedidos ou comprobación do seu proceso de envío, prégase contactar a través do número de teléfono 661 011 129 (en horario de 10:00 a 14:00 h.) ou enviando un email a xornalopapagaio@gmail.com