Sobre nós

O Papagaio naceu no ano 2016, despois de máis de dez anos de experiencia e contacto cos centros educativos por parte dos seus creadores. A paixón polo xornalismo, a divulgación e o debuxo, levounos a crear este xornal ilustrado para a xente miúda, que ten o propósito de divertir e mostrar todo o que acontece no mundo e, sobre todo, en Galicia: na ciencia, na cultura, no deporte, etc. Da mesma maneira que os adultos teñen o seu xornal para informarse, queremos que os nenos e as nenas teñan o seu. A infancia tamén ten dereito a informarse!
Pero un xornal coma este, non podería existir sen unha boa distribución, e para iso contamos co apoio do Consorcio Editorial Galego, unha distribuidora experimentada e ben implantada nos centros educativos e librarías de Galicia.
Papagaio-voando-sobre-nos

Os nosos valores

AGARIMO POLA NATUREZA

UNHA INFANCIA CON DEREITOS

IGUALDADE

EN GALEGO E DENDE GALICIA

Resumo da privacidade

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no ordenador ou dispositivo do usuario (por exemplo, móbil ou tableta) cando accede a determinadas páxinas web para almacenar e recuperar información (incluídos datos persoais como a dirección IP) sobre a navegación que se realiza dende o devandito equipo. . O seu propósito principal é recoñecer ao usuario cada vez que accede á Rede e crear perfís baseados nos hábitos de navegación do usuario na Rede e en Internet.

Este sitio web só permite o uso das cookies indicadas nas seguintes seccións. Pode configurar (aceptar ou rexeitar) a instalación de todas as cookies na nosa política de cookies ou nas seccións correspondentes.