PENSA CON MR. LUPO. I CONCURSO DE IDEAS INFANTIL E XUVENIL

BASES:

1. Cada participante deberá entregar un mínimo de 4 ideas e un máximo de 8. Só é válida unha idea por cada problema que Mr. Lupo propón cada mes na revista O Papagaio (pax.12).

2. As ideas poderán presentarse dende o día 2 de novembro de 2021 ás 9:00 horas ata o día 20 de maio de 2022 ás 21:00 horas.

3. As persoas participantes deberán ter idades comprendidas entre os 0 e os 16 anos e deberán estar subscritas á revista O Papagaio. No caso dos centros escolares subscritos, poderá participar todo o alumnado que o desexe, individualmente ou en grupo.

4. As ideas poderán presentarse nos seguintes formatos: debuxo, foto, texto explicativo e vídeo.

5. As ideas deberán enviarse ao enderezo electrónico xornalopapagaio@gmail.com xunto cos datos da persoa ou centro educativo participante. No asunto do correo deberá poñerse PENSA CON MR. LUPO.

Un xurado formado polo equipo de arquitectura Sistema Lupo, O Papagaio e varios nenos e nenas será o encargado de escoller a idea que máis lles guste, que non quere dicir a mellor.

7. Valorarase principalmente a orixinalidade do conxunto das distintas ideas presentadas.

8. A decisión do xurado farase pública o día 10 de xuño de 2022, na web e nas redes sociais do Papagaio.

9. O gañador ou gañadora, individual ou colectivo, recibirá como premio un taller de arquitectura infantil, impartido polo equipo de Sistema Lupo, no seu centro educativo, biblioteca ou asociación, o día acordado a partir do 10 de xuño de 2022.

10. A revista O Papagaio e Sistema Lupo resérvanse o dereito sobre as ideas recibidas para expoñelas e publicalas, tanto nas redes sociais como en papel.

11. Pensa con Mr. Lupo é un concurso organizado pola revista O Papagaio e Sistema Lupo, co fin de fomentar a creatividade e orixinalidade dos cerebros miúdos.