Ro Ledesma

Rocío descubriu a súa paixón pola ilustración en Bos Aires, mentres traballaba no mundo da publicidade. Gústalle pintar en papeis, camisetas, muros, etc.  O importante é pintar! Traballa en numerosas revistas e no Papagaio debuxa a sección de animais, para darnos a coñecer os seus costumes e a súa forma de relacionarse.