P. Espinho:

Este artista portugués está especializado na creación de tiras gráficas para prensa, tanto virtual como en papel. Algunhas das súas tiras máis destacadas son Pato e Pica Pau, O Cão que faze miau e o Dr. Motta. No Papagaio, mediante a tira Only Children, saca a relucir o seu humor satírico contra a incomprensión da infancia por parte dos adultos.