Mr. Lupo

Fermín Blanco, alias Mr. Lupo, é un arquitecto apaixonado do xogo e da infancia. Traballa con numerosas escolas e institucións para achegar o mundo da arquitectura aos máis pequenos e pequenas. É o creador das pezas Lupo e no Papagaio proponnos diferentes retos para aprender dun xeito divertido nocións básicas de arquitectura, xeometría, arte, etc.