Jorge e Pablo Mira

Jorge Mira é catedrático de física na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, colabora con multitude de revistas científicas e con programas televisivos e de radio como divulgador de ciencia. No Papagaio temos a sorte de contar co seu asesoramento e con propostas de experimentos para a sección de ciencia.

O seu irmán Pablo Mira, profesor na rama científica en secundaria, tamén colabora como asesor de contidos.