Berto Fojo e Natalia Umpiérrez

Tanto Natalia como Berto publican en diferentes fanzines, libros, revistas e xornais. Teñen un estudio propio en Pontevedra, onde sacan a relucir toda a creatividade que levan dentro. Os seus traballos expóñense en lugares como Berlín, Nova Iorque, Londres, Seúl, Barcelona, etc. Os personaxes da sección de informática do Papagaio seguro que están encantados de seren eles os seus debuxantes.