Aurora Grandal

Aurora é paleontóloga e investiga todo tipo de fósiles que atopa por Galicia. Grazas ás súas investigacións podemos coñecer como era a Terra hai millóns de anos e como eran os seres vivos que a habitaban nas distintas épocas. No Papagaio encargarase de asesorar a sección de fósiles, que seguro aos nosos lectores e lectoras miúdos lles encanta!