Anémona de Río

Anémona de Río é o pseudónimo de Aldara Álvarez. Formouse na escola de cómic O Garaxe Hermético, de Pontevedra. Entre as súas obras destacadas encóntranse Tam e A proba de auga, esta última premiada pola escola e editada por Xerais. Co seu estilo manga e doce, que mostra nas páxinas das Aventuras de Alai, aporta algo diferente a O Papagaio.